A Xunta reúnese coa hostalería e co ocio nocturno para explicarlles as novas medidas que se porán en marcha esta fin de semana
― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes de ambos sectores para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios ― Analizaron a decisión do comité clínico de limitar as reunións, con especial énfase nas nocturnas, así como a apertura da …